Quen somos

A nosa historia

Somos Su Garrido Pombo (voz), Katerina Linke (piano, composición) e Susanna Blanco (cello) e estamos a presentar o noso proxecto musical Miña almiña baseado nas letras de Rosalía de Castro.

O proxecto Miña almiña é un ciclo de cancións con música orixinal románticas e sensibles con toques de jazz. É unha fusión con poesía de Rosalía e o seu poemario Follas novas. A instrumentación clásica e unha linguaxe musical actual, fan soar os poemas do s. XIX como se fosen escritos hoxe.

As tres temos unha ampla experiencia artística por separado participando en diversos proxectos musicais e contando con varios premios, pero unímonos para crear este programa co que tan so cuns meses de vida xa fomos elixidas finalistas dos Premios Martín Códax da Música.

Ademais, completamos o noso repertorio con versións propias de cancións populares galegas e tamén doutros poetas galegos.

Coa doce e expresiva voz de Su, moi atenta á palabra; o rico e próximo timbre do cello de Susanna; e as tenras e sensibles composicións de Katerina ao piano invitámoste a unha viaxe emotiva e conmovedora.


Son Trío