logoSonTrio_2c_grlogoSonTrio_2c_grlogoSonTrio_2c_grlogoSonTrio_2c_gr
  • Quen somos
  • Multimedia
  • Fotos
  • Descargas
  • Contacto
  • GL
  • ES
  • EN
Son Trío gaña o II Premio Celso Emilio Ferreiro
04/01/2019
Son Trío, finalistas por segunda vez nos Premios Martín Códax da Música galega
09/05/2019
22/02/2019
Categorías
  • Novas
  • Premios
Etiquetas

“Un día”, candidata á mellor canción galega de 2018 por aRi[t]mar Galiza e Portugal

A selección do xurado de aRi[t]mar deuse a coñecer nun acto na Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, no que ademais da Mellor canción galega de 2018 tamén se elixirá a Mellor canción portuguesa, e Mellores poemas galego e portugués do ano pasado.

En Son Trío estamos encantadas e moi agradecidas ao xurado desta nova sorpresa que nos dá a canción que compuxemos sobre o poema de Celso Emilio Ferreiro.

A canción foi escollida na 4ª edición que aRi[t]mar Galiza e Portugal organiza para premiar as mellores cancións e poemas de Galiza e Portugal de 2018. Ademais, hai tamén unha votación aberta ata o 20 de marzo para o público xeral.

aRi[t]mar forma parte da Rede da Galisufonía e pretende difundir a música e a poesia, aproximar a cultura e a língua da Galiza e Portugal, e está promovido pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela e patrocinado polas Secretarías xerais de Cultura e de Política Lingüística, Deputación Provincial da Coruña e Concello de Santiago de Compostela, Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e Instituto Camões-Centro cultural Portugués de Vigo.

Son Trío quixo facer visible a obra de Celso Emilio gravando tamén un videoclip nas rúas de Vigo, a cidade na que o autor e Antón Beiras afondaran na súa amizade e fraternidade, unha amizade que servira de estímulo para que o poeta creara este cando Xesús Alonso Montero lle comunicou o pasamento de Antón.

Share
0

Entradas relacionadas

17/05/2020

Novo videoclip: Miña almiña


Ler máis
01/03/2020

Son Trío na túa plataforma dixital favorita


Ler máis
25/02/2020

Son Trío na Radio Galega: “A mensaxe de Rosalía é moi actual”


Ler máis
24/02/2020

Son Trío, grupo da semana en Galician Tunes


Ler máis

Comments are closed.

Últimas novas

  • Novo videoclip: Miña almiña
  • Son Trío na túa plataforma dixital favorita
  • Son Trío na Radio Galega: “A mensaxe de Rosalía é moi actual”
  • Son Trío, grupo da semana en Galician Tunes
  • Lanzamento do álbum ‘Miña almiña’
  • Entrevista a Katerina Linke · Radio Oleiros · Sons de Utopos
  • Son Trío, finalistas por segunda vez nos Premios Martín Códax da Música galega
  • “Un día”, candidata á mellor canción galega de 2018 por aRi[t]mar Galiza e Portugal





Suscribirme á lista de correo

Descargas | Contacto
GL
  • GL
  • ES
  • EN