• Quiénes somos
  • Multimedia
  • Fotos
  • Descargas
  • Contacto
  • GL
  • ES
  • EN
Videoclip Un día
30/10/2018
«Un día», candidata á mellor canción galega de 2018 por aRi[t]mar Galiza e Portugal
22/02/2019
04/01/2019
Categorías
  • Noticias
  • Premios
Etiquetas

Son Trío gaña o II Premio Celso Emilio Ferreiro coa canción «Un día»

O xurado vén de declararnos como gañadoras da segunda edición do premio bianual que convoca a Fundación Celso Emilio Ferreiro, que premia a mellor canción con música orixinal e textos do poeta. Katerina Linke compuxo unha curiosa melodía para o poema Un día que Celso Emilio adicara a o seu amigo Antón Beiras, interpretado tamén por Su Garrido Pombo á voz e Susanna Blanco ao cello.

Son Trío sáese nesta ocasión da súa instrumentación habitual, cambiando o piano por un pequeno metalófono, e os poemas de Rosalía de Castro cos que preparan o inminente lanzamento do seu disco Miña almiña polos do poeta de Celanova.

Quixemos facer aínda máis visible a obra do autor gravando un videoclip nas rúas de Vigo, a cidade na que Celso Emilio e Antón Beiras afondaran na súa amizade e fraternidade, unha amizade que servira de estímulo para que o poeta creara este cando Xesús Alonso Montero lle comunicou o pasamento de Antón.

Raquel Ferreiro, Ramón Nicolás e Manuel Bragado representando á Fundación Celso Emilio Ferreiro, presidida por Luis Ferreiro Loredo; Lorena López Cobas, musicóloga; Juan Durán, compositor; Silvia Penas, poeta, e o músico César del Caño foi o xurado encargado de avaliar as propostas presentadas e de fallar o premio.

Share
0

Entradas relacionadas

17/05/2020

Novo videoclip: Miña almiña


Leer más
01/03/2020

Son Trío na túa plataforma dixital favorita


Leer más
25/02/2020

Son Trío en la Radio Galega: «El mensaje de Rosalía es muy actual»


Leer más
24/02/2020

Son Trío, grupo de la semana en Galician Tunes


Leer más

Comments are closed.

Últimas noticias

  • Novo videoclip: Miña almiña
  • Son Trío na túa plataforma dixital favorita
  • Son Trío en la Radio Galega: «El mensaje de Rosalía es muy actual»
  • Son Trío, grupo de la semana en Galician Tunes
  • Lanzamiento del álbum ‘Miña almiña’
  • Entrevista a Katerina Linke · Radio Oleiros · Sons de Utopos
  • Son Trío, finalistas por segunda vez en los Premios Martín Códax da Música galega
  • «Un día», candidata á mellor canción galega de 2018 por aRi[t]mar Galiza e Portugal





Suscribirme á lista de correo

Descargas | Contacto
ES
  • GL
  • ES
  • EN